Previous Día anterior
Día siguiente Next
Previous
Next
Portada del periodico Faro de Vigo:
Newspaper website Sitio web




Recognized text:
FARO DE VIGO
DIARIO
DECANO
DIARIO
DECANO
DEDA
LA PRENSA
PRENSA NACIONAL
NACIONAL

Precio:1,20
1,20€€
Prezo:

Director: Juan Carlos Da Silva

Año:
Ano: 165 Num. 58.709
58.707

www.farodevigo.es

PERIÓDICO
UTILIZAPAPEL
PAPELRECICLADO
RECICLADONUN
EN UN
80,5%
ESTE XORNAL
EMPREGA
80,5%

Jueves,
Xoves, 17
17 de
de mayo
maio de 2018

Máis de 16.000 menores quedan sen
pediatra pola tarde en Vigo durante o verán
O Sergas restrinxe o servizo nos centros de saúde de Navia, Coia, Lavadores, Nicolás
Peña e Rosalía por falla de substitutos ̈ Só se manterá a quenda noutros cinco
Máis de 16.000 nenos asignados a
cinco centros de sáude de Vigo quedarán en xullo e agosto sen servizo
de atención pediátrica pola tarde deNº 669 ■

Coordinador: Miguel Pena Alonso. Asesor literario: Xosé Ramón Pena

XOVES, 17 DE MAIO DE 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Alcores de
Donalvar
A primeira novela
de María Victoria Moreno
XESÚS ALONSO MONTERO

Xa se ten contado cen veces, citando
textos da propia autora, que foi no bienio
1965-1967 cando María Victoria Moreno se
foi comprometer coa galeguidade. Foron
os anos nos que exerceu como profesora
no Instituto Masculino de Lugo, no que eu
era catedrático desde 1960, e onde Amable
Veiga sentaba os alicerces da Fonoloxía galega.Desde 1970, con todas as consecuencias, asume a opción de cultivadora e reivindicadora do idioma galego, actividade
que desenvolverá, con talento e éxito, ata
os días finais dunha axistencia ateigada de
infortunios. Mais entre 1967-1970 aínda
rsulta ser unha escritora alófona; devén autófona en 1973 con Mar adiante.
En 1969 María Victoria escribe e envía
Alcores de Donalvar ó Premio Café Gijón,
do que foi finalista. Ignoro os criterios do
Xurado, mais sospeito que na época non
era doado atopar xuíces que acollesen algúns capítulos desta novela non allea á denuncia social. Eu posúo o mecanoscrito
orixinal dedicado a min e a Emilia [Pimentel Iglesias], a miña muller.
Trátase, aínda, dun libro inédito, afirmación que esixe algunhas observacións.
Existe, si, unha edición galega co título Onde o aire non era brisa (Xerais, 2009, tradución de Xavier Senín), pero que non reproduce, na súa totalidade, Alcores de Donalvar. Como nos explica Pedro Ferriol, o segundo marido de María Victoria, no prólogo de Xerais, estamos diante do texto de
1969 con “algunhas pequenas modificacións”. Así pois, por pequenas que sexan, a
Ecdótica obríganos a afirmar que Alcores
de Donalvar –tal como consta no meu mecanoscrito– é unha novela inédita. Engadamos que o texto, xa titulado Donde el aire
no era brisa, foi premiado na décima edición do Premio de Novela Corta Manuel
Díaz Luis do concello de Monleón (Salamanca) no ano 2005. Xa moi quebrantadiña de saúde, María Victoria foi recoller o galardón, que agradeceu moito pero que non
lle impediu aclarar que ela non lle puña
“os cornos á literatura galega” e que aquel
relato fora escrito corenta anos antes. (Eu
teño para min que a decisión de concursar foi unha teima de Pedro Ferriol, interesado –o que o honra– en que María Victoria contase, na nómina dos narradores es-

A OBRA INFANTIL E XUVENIL
DE MARÍA VICTORIA / PÁX. III

Cartel de Fino Lorenzo.
Na imaxe pequena: María Victoria
Moreno con Xesús Alonso
Montero e Xavier Senín.
// CORTESÍA DE EDICIÓNS XERAIS E EDITORIAL GALAXIA

pañois, cun relato escrito na súa lingua orixinaria). Tamén conta Ferriol que naquela
ocasión aclarou:“Botei a miña sorte cos pobres da terra e comecei a escribir nesa lingua”.

Alcores de Donalvar é a historia de Elena, unha moza que chega a aquela localidade para exercer o seu primeiro destino
profesional, o de mestra. Elena, para algúns
críticos, é trasunto de dona Sara Márquez,

ENTREVISTA CON
XAVIER SENÍN / PÁX. VII

que foi mestra en localidades segovianas
da fasquía socioeconómica e mental de Alcores de Donalvar (topónimo inventado).
A semellanza finaliza aquí: dona Sara, tamén xefa local de Falanxe, non se arrepoñía ás cacicadas e ós favores para os ricos,
pois bastante tiña –se, aló no fondo, disentía nalgo– con labrarlles un porvir algo xeitoso a catro fillos, orfos de pai. De quen é
trasunto Elena é da “insurrecta” María Victoria, como se lle chama no título dunha
recente biografía. Porque Alcores de Donalvar é, no esencial, unha novela social, xénero moi presente na España da época,
malia os moitos atrancos oficiais.
Que é unha novela social próbao ben
un capítulo da parte final. Mentres conversan Elena e Santiago (un rapaz moi humilde que fora alumno seu), cinco ou seis segadores galegos cantan unha vella copla
do seu país: “Si vas a San Benitiño / non
vaias ó de Paredes...”. Oída a cantiga, Elena
fai esta observación: “que aquellos hombres venían en busca de pan y les pagaban
tristemente con algo que, por humilde, nadie apreciaba”. O rapaz comunícalle á mestra que “Los gallegos son malos” porque
querían “echar a perder el trigo”. En efecto,
os segadores, fartos de recibiren salarios
moi baixos, querían queimar o cerel e fuxiren a Galicia. A mestra, moi preocupada,
convence o rapaz que disuada ós segadores e el promete que lles fará saber que
aquilo era”un pecado muy grande”. Ela,
adulta e máis sagaz, aconséllale que ese
non é o camiño e que o método dialéctico
ten que ser outro: “... convencerles de que
eres igual que ellos, de que riegas con tu
sudor tierras que no son tuyas”. O rapaz, no
seu idealismo, replica que eles “son gallegos y yo no”, pero Elena, que quizais nunca lera o Manifesto de Marx e Engels, intuitiva, acláralle:“En una situación como esta
la fraternidad nace de haber tenido la misma suerte o haber uncido bajo el mismo
yugo. No de la tierra en que se nace”.
Elena continúa por vieiros case intolerables na época: se os amos
non se aveñen
a razóns, queda un recurso:
“La huelga”. Os
segadores, que
non tiñan a
complexidade
de Elena, queimaron os campos. En calquera caso, este capítulo –extenso, rico, ben construido–, de
ser premiada a novela, non pasaría a alfándega da Censura en 1969.
Así escribía unha moza nova, xa en 1969
comprometida socialmente cos segadores
de fouce reivindicativa. Despois desta data, comprometeuse moi a fondo, e para
sempre, coa lingua daqueles segadores,
coa lingua dos que na Galicia de 1970 padecían a historia.

bido á falla de médicos substitutos.
Os centros afectados son Coia, Navia, Lavadores, Nicolás Peña e Rosalía de Castro-Beiramar. En todos eles

a atención quedará restrinxida ao horario de mañá,e nos casos de urxencia médica o Sergas aconsella acudir ao novo Hospital Álvaro Cunquei-

ro.Sanidade califica a medida de“excepcional e transitoria”, ante o agravamento do déficit de especialistas
para cubrir as vacacións.
Páx. 2

A carreira pola lingua
nas rúas de Vigo

Feijóo pídelle á
Comisión que lle dea
peso á demografía
no novo reparto Páx. 22

Ciudadanos
redobra o cortexo
para fichar a
Javier Guerra

FARO adícalle o seu
suplemento Cultura e
o CLUB FARO Páxs. 27 y 37/38
ARTIGOS ̈ “A lingua que
namora”, por Alberto Núñez
Feijóo ̈ “Alcores de
Donalvar”, por Xesús Alonso
Montero ̈ “Nosoutras”,
por Montse Pena ̈ “Entre
a nenez e a madureza”,
por Blanca-Ana Roig

Os nenos, en plena marcha. // José Lores

SUMARIO

O maior, con epicentro
en Ponte Caldelas,
chega a 3,1 graos
na escala Richter Páx. 39

Engánchate
gratis á wifi
de FARO

eluden erguer as
barreiras ̈ Para a
“ponte” abriranse cinco
dos seis carrís ̈ As obras
seguirán en xuño pero,
alegan, “con afección
mínima no tráfico” Páx. 3

Galicia agarda
manter 3.000
millóns dos fondos
europeos pese ao
recorte de Bruxelas

Galicia homenaxea
a María Victoria
Moreno na festa
do Día das Letras

Unha cadea de
32 “minisismos”
sacode a provincia
de Pontevedra

̈ Fomento e Audasa

Dous mil nenos participan no Correlingua ata Castrelos / Páx. 13

VONTADE AUTÓFONA, Mª VICTORIA
MORENO E O ENSAIO / PÁX. VI

As mulleres cualifican de fraude
o pacto contra a violencia
machista pola súa escasa
dotación económica
Páx. 41

A indignación
polos colapsos en
Rande non basta
para levantar as
peaxes na AP-9:
de entrada, non

Maderas Iglesias prepara
case un cento de despidos e
apura a súa venda a un fondo
para evitar o peche
Páx. 33

Trece profesionais
encárganse de blindar
a Xunta contra os ataques
cibernéticos
Páx. 25

ÍNDICE
Gran Vigo
Galicia
Opinión
España
Mundo
Economía
Mar
Sociedade

2
21
26
28
30
31
36
37

Sucesos
44
Deportes
46
Breves
54
Esquelas
56
Pasatempos
58
TV/Espectáculos 59
Xente
62
Sorteos
63

Villegas, secretario xeral
de C’s, leva a negociación
co exconselleiro vigués
do PP ̈ Marcharía con
xente do seu grupo afín
̈“Falarei cando tome
unha decisión”, di Páx. 22
Elena Muñoz: “É unha
deslealdade ao PP;
eu propúxenlle ser
vicepresidente”



Noticias